Recuncho Gamer Podcast Ep. 9: Amnesia 3.0 e as películas interactivas

Nova edición de Recuncho Gamer Podcast, o programa sobre videoxogos de Radio Coruña Cadena Ser. Nesta ocasión falaremos da primeira serie interactiva en galego e finalista a mellor serie web nos Mestre Mateo 2021, Amnesia 3.0, con dous dos seus participantes, o actor Duarte Galán e a compositora e encargada da parte interactiva da serie, Iria Iglesias. Falaremos tamén doutros videoxogos que foron películas interactivas como o Dragon's Lair, Road Avenger, Night Trap, Beyond Two Souls ou o xogo de Expediente X Neste capítulo acompáñanos Fer Liñares. Dirixe Iago Gordillo. Para máis contido de videoxogos, pásate pola canle de YouTube de Recuncho Gamer, e para estar ao día dos nosos contidos tesnos por Twitter, Instagram, Twitch, TikTok e Facebook como @recunchogamer

Om Podcasten

Este é o podcast de Recuncho Gamer, un podcast onde falamos sobre videoxogos cun ton desenfadado, co foco especialmente posto nos grandes clásicos. Realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser