Recuncho Gamer Podcast Ep.15: Club de Tetris, Gamers en Tinder e un matinal

Nova edición de Recuncho Gamer Podcast, o programa sobre videoxogos de Radio Coruña Cadena Ser. Rematamos tempada falando con Victor Develops do seu matinal videoxogueiro, coñecemos o Club de Tetris que leva Retro Cabeza e falamos con Marina Amores (Blissy) e Daniel Muriel de que supón ser muller gamer nunha app de ligar. Dirixe Iago Gordillo. Para máis contido de videoxogos, pásate pola canle de YouTube de Recuncho Gamer, e para estar ao día dos nosos contidos tesnos por Twitter, Instagram, Twitch, TikTok e Facebook como @recunchogamer

Om Podcasten

Este é o podcast de Recuncho Gamer, un podcast onde falamos sobre videoxogos cun ton desenfadado, co foco especialmente posto nos grandes clásicos. Realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser