Recuncho Gamer Podcast Ep. 8: Bandas Sonoras de videoxogos

Nova edición de Recuncho Gamer Podcast, o programa sobre videoxogos de Radio Coruña Cadena Ser. Nesta ocasión falaremos de bandas sonoras de videoxogos, ben sexa polo que nos transmiten no xogo ou porque simplemente nos enchen en calqueira momento que escoitemos estas pezas. Tamén falaremos de como é ser muller no mundo dos videoxogos. Pararemos por xogos como Zelda, Streets of Rage, Hollow Knight ou Final Fantasy. Neste capítulo acompáñanos Rita C, Lara e Ana Molly. Dirixe Iago Gordillo. Para máis contido de videoxogos, pásate pola canle de YouTube de Recuncho Gamer, e para estar ao día dos nosos contidos tesnos por Twitter, Instagram, Twitch, TikTok e Facebook como @recunchogamer

Om Podcasten

Este é o podcast de Recuncho Gamer, un podcast onde falamos sobre videoxogos cun ton desenfadado, co foco especialmente posto nos grandes clásicos. Realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser